O Grupo Lemaco B, superior ás de Arousa(23-11)

O Grupo Lemaco B pechou a primeira fase como local ante o Bm. Arousa en encontro disputado na mañá do domingo. As pontevedresas mantivéronse no encontro durante a primeira metade pero sempre a remolque, nun Grupo Lemaco B que non terminaba de romper o encontro o seu favor. A falta de contundencia na defensa nese periodo permitía sumar as arousás con certa comodidade.

Xa no segundo tempo, os axustes defensivos deron rendemento, o que permitiu ás carballesas a ir aumentando as distancias ata conseguir un clro 23-11 que lles otorga dous novos puntos na clasificación. 

As do Xiria finalizarán a fase regular con visita á SD Teucro no Municipal de Pontevedra, con disputa do liderato para o equipo pontevedrés en plena loita co Bm. Moaña.