O Grupo Lemaco B topa co muro salcedá(19-31)

O Grupo Lemaco B topa co muro salcedá(19-31)

O Grupo Lemaco B cae derrotado ante o líder, onde a pesar de non cadrar o mellor encontro, a diferencia no electrónico non fixo xustiza o que se viu no campo. 

As pontevedresas saíron moi fortes, na defensa, cortando varios pases na circulación de bola das carballesas e so as boas intervencións na portería aguantaron ó Grupo Lemaco B ata mediada a primeira metade(6-7). A pesares de atopar boas opcións de lanzamento, a falta  de acerto provocou que as salcedás se foran ó descanso con cinco goles a favor(11-16).

A reanudación non descuadrou moito co primeiro envite onde os lanzamentos continuaron sendo un lastre que foi minando a moral local que terminou por sucumbir ante o líder.

A vindeira semana pecharan esta Liga Prata na Cañiza, despois da victoria ante este mesmo equipo a semana pasada.