7ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino
Balonmán Lucense 31 – Grupo Lemaco Xiria B 24 (16-9)
A lamentable labor arbitral dende o inicio do encontro dou ao traste con calquera opción para o Xiria e fixo do partido un pesadelo para os xogadores que a pesar de lo, non cederon durante os 60 minutos ante a adversidade.
A diferenza de aplicación do regulamento nas dúas áreas quedou de manifesto xa nas primeiras xogadas, castigando e sancionando ao Grupo Lemaco e permitindo todo tipo de golpes en defensa ao rival.
A diferenza de 7 goles ao descanso foi mantida polo Xiria ao non baixar os brazos e continuar xogando con intensidade ata o asubío final, algo que engrandece a estes noveles xogadores.
Partido, imaxe e sensacións para esquecer, recuperar forzas no Nadal e volver con gañas de xogar ao balonmán, que é do que se trata.
Balonmán Lucense 31 (16): Martín Alonso, Andre Fernández, Adrián Mosquera, Alejandro Prado, Amir Berka 2, Samuel Manín 2, Ivan Vila 3, Lucas Díaz 5, Gabriel Arean 9 e Pablo Navia 10
Grupo Lemaco Xiria B 24 (9): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Aday Gómez 7, Nico Cancela 7, Marcos Varela 3, Simón Viña, Alvaro García 1, Alvaro Gómez 1, Xabi Fernández 2, Diego Barbeira, Nico Mejuto, Andrés Pombo 1 e Andrés Pedreira 2.
Arbitraron: José López e Nicolás Núñez