O Grupo Lemaco B volta a competición gañando

Grupo Lemaco Xiria B 38 – Balonmán Ribadosar: 31 – (19-15)

Comezaba a segunda fase la Liga onde o Grupo Lemaco B está encadrado na Liga de Prata, e facíao diante o Ribadosar santiagués con vitoria.
Levaban os xogadores case dous meses sen competición e as gañas e a ansiedade amosaron nos primeiro minutos en ambos equipos, demasiada precipitación e despistes defensivos. Unha vez que se asentaron, os xogadores do Xiria volveron a imprimir un ritmo alto de partido ante a envergadura e maior físico do rival.
Pouco a pouco o Xiria foi ampliando as liñas da súa defensa, lastrando a circulación de balón do rival, e conseguindo balóns para a saída na contra, tomaba vantaxe de 4 goles ao descanso.
Intentou o Ribadosar na segunda metade achegarse no partido, con desdobramentos e maior efectividade no lanzamento exterior, pero no momento que adaptou a defensa o equipo de Carballo, voltaron a precipitar o ataque rival e sentenciar de cara a gol chegando a eses 38 goles por 32 do rival

Grupo Lemaco Xiria B 38 (19): David Pensado, Bruno Facal 1, Manuel Rey 4, Manuel Pérez 5, Marcos Amarelle 7, Hugo García 3, Pablo Suárez 3, Miguel Cambón 4, Angel Villar 2 e Dani Bello 9.

Balonmán Ribadosar: 32 (15): Marcos Benlliure, Miguel Cepeda 1, Pablo Romero 3, Héctor Costas 3, Dawit Alvarez, Carlos Quintela 2, Diego Fernández 2, Abraham Alvarez, Daniel hermida 10, Xenxo Gonta 7, Juan González 4, Hugo Suárez e Guillermo Meizoso

Arbitraron: Héctor Piñeiro e Manuel Pazos