O Grupo Lemaco B xogará esta fin de semana a Final Four

Xiria Lemaco B

Disputarase esta fin de semana en Lalín a Final Four na categoría Cadete Masculina Prata, para ela clasificáronse o Upi Informática Lalín, o Balonmán Tui, o Telepizza Bm. Arteixo e o Grupo Lemaco B
O Grupo Lemaco B chega despois de superar a súa eliminatoria diante do Cisne, e terá como rival na súa semifinal ao anfitrión o Upi Informática Lalín. O equipo Carballés, formado practicamente na súa totalidade con xogadores noveles de primeiro ano, terá que enfrontarse a xogadores de máis envergadura, para o cal optará como ven facendo cunha defensa aberta que lle permita acelerar o ataque do rival e poder saír con rápidas contras si consigue a posesión do balón. O obxectivo do equipo pasa por aprender a competir neste formato de partidos de moita tensión e desfrutar do fin de sema, algo que sen dúbida conseguirán.
As eliminatorias deparan estes enfrontamentos:

Sábado as 13:00 Semifinal Balonmán Tui – Telepizza Bm. Arteixo
Sábado as 16:15 Semifinal Upi Informática Lalín – Grupo Lemaco B

Domingo as 10:30 Loita polo 3º e 4º posto
Domingo as 18:30 Final