O Grupo Lemaco cadete feminino disputaba na mañá do domingo no pavillón de San Marcos(Abegondo) un encontro importante para garantir a presenza da escuadra carballesa na fase polo título da Liga Prata.
Como reflectía a importancia do choque, as verdes saíron moi enchufadas dende o comezo, onde a aportación na portería e as rápidas contras facían que o marcador fose crecendo na distancia, ata chegar o primeiro tempo morto cun 4-12 a favor. Na reanudación pouco cambiou na dinámica do xogo, aínda que cas rotacións a velocidade nas contras baixou e tiveron que afrontar unha defensa 5-1 moi baixa e onde as verdes conseguían situacións claras polas zonas exteriores onde as extremos visitantes tiveron un alto índice de acerto. Con 12-24 chegábase ó descanso do encontro.
Xa na reanudación as constantes rotacións tanto de xogadoras como as probaturas nas diferentes posicións fixo que o partido se tornase un chisco máis lento, aínda todo iso, as verdes conseguiron impoñerse no segundo parcial(12-16) e levarse unha victoria final ante un rival que loitaba polos postos de honra do Grupo D, que continúa comandado polo equipo carballés empatadas a puntos co Bm. Culleredo, co cal se enfrontará a vindeira semana nun partido casi intrascendente debido a que ambas escuadras conseguiron esta semana certificar a súa presencia na fase polo título


