O Grupo Lemaco cadete impúxose este sábado no Vila de Noia ante o Bm. Meaño, nun encontro que foi dominando no electrónico a partir do minuto vinte onde ata ese momento o pouco acerto no lanzamento non permitiu que as verdes abriran distancia. A intensidade defensiva permitía roubar e correr as verdes.
Despois do descanso, as carballesas se incorporaron ó xogo máis sólidas ata abrir unha marxe de 6 goles(26-20). Os derradeiros minutos, as carballesas centráronse en manter as distancias para terminar sumando os puntos.


