O Grupo Lemaco cae derrotado diante do Cisne

8ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 36 – Cisne Colegio los Sauces 37 (19-21)

Demasiadas concesións en defensa ante un rival que soubo aguantar os 60 minutos.
Non apremou nada o Xiria en defensa, falta de intensidade e choque, permitindo ao Cisne pontevedrés chegar comodamente a opcións claras de lanzamento. Tamén estivo desacertado no lanzamento a portería, marrando máis de 20 lanzamentos diante dos porteiros pontevedreses, a pesares de todo mantívose no partido e tivo na man a posibilidade do empate a escasos segundos do final.
Partido con dúas defensas débiles e onde o maior acerto de cara a gol dos visitantes deulles os dous importantes puntos na clasificación.
Coa derrota o Grupo Lemaco sitúase terceiro, tendo por diante ao Cisne e líder o Culleredo cando tan so falta unha xornada para rematar a primeira volta da liga.

Grupo Lemaco Xiria A 36 (19): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 6, Henrique 6, Aday, Marcos Suárez 7, Daniel Periscal 6, Nico Cancela, Marcos Varela 4, Brais Suárez 2, Simón, Maxi 1, Alvaro García e Jorge Rodríguez 6.

Cisne Colegio los Sauces 37 (21): Mateo Monteagudo, Antón Rodríguez, Manuel Hernández 16, Adrian Veiga, Adrian Lago 7, Alejandro Arias, Antonio Rey 1, Pablo Pazos 4, Ernesto Sánchez, Javier Costa, Román Latas, Xoel Lago 8 e Roque Díaz

Arbitrou: Ivan Hernández