O Grupo Lemaco cae en Cabral cheo de imprecisións(37-27)

O Grupo Lemaco cae en Cabral cheo de imprecisións(37-27)

O Grupo Lemaco Xuvenil caeu na mañá do domingo na súa visita ante o AD Carballal de Vigo. O inicio de encontro resultou ilusionante, encontrando o gol polo costado esquerdo en varias ocasións conseguindo nese intre(3-5)unha diferencia curta, pero positiva para encarar un encontro sempre difícil na pista de Cabral. Despois do inicio prometedor, chegou unha fase de erros tanto nos pases e nas recepcións que facilitaron as contras viguesas e que sacaron por momentos ás carballesas do encontro.

Cunha diferencia de seis goles para as locais, as carballesas voltaron dos vestiarios para afrontar un cambio na defensa local. A pouca profundidade dos ataques carballeses permitía roubos que á contra facían dano no electrónico, chegando a diferencia ata os 12 goles.

A vindeira semana as do Xiria recibirán na casa ó Meaño, no que será un encontro complicado ante o potencial de lanzamento exterior das pontevedresas como principal arma