O Grupo Lemaco cae en Semifinais diante do Cisne, que logra o título

Balonmán Cisne 33 – Grupo Lemaco Xiria 29 (15-14)
Tiña un difícil compromiso o Grupo Lemaco. Medíase na súa semifinal diante do actual Campión de Liga, os pontevedreses do Balonmán Cisne. Pero non se arrogou e plantou cara dende o primeiro minuto, a pesar das numerosas baixas coas que o Xiria se presentou en Bueu para disputar o encontro.
A defensa adiantada do Xiria nos primeiros minutos e a velocidade na subida nas contras foron claves para pegar un arreón e poñerse nos primeiros minutos por adiante, dominaban os carballeses 4 a 7, chegaba o Grupo Lemaco en boas posicións de lanzamento a gol, e era capaz de frear ao rival. Co paso dos minutos perdía acerto no lanzamento o Xiria e permitía ao Cisne igualar o encontro.
Segunda metade onde pequenos detalles, como as excesivas exclusións sufridas polos carballleses e a lesión de Diego Antelo nun equipo xa mermado de efectivos, marcaron o encontro, o Xiria por veces mandaba no marcador pero a igualdade era a tónica dominante. Final de partido onde o Balonmán Cisne estivo máis atinado no lanzamento e o Xiria perdoou nunhas ocasións claras, decantando o encontro para o pontevedreses, que pasaban a Final, onde o domingo vencerían ao Balonmán carballal, facéndose co título de Copa Federación
Balonmán Cisne 33 (15): Miguel Jiménez, Rafael Logroño e Anxo Fraga (porteiros) , Fernando Alvarez 1, Carlos Alvarez 9, Sergio Alvarez 3, Antonio Bueno 1, Miguel Silva 1, Román Arboleya 5, Mateo Arias 4, Nuno González, Javier Sierra 1, Víctor Fernández 8 e Mario González.
Grupo Lemaco Xiria 29 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Adrián Mesejo 3, Dani Mallo 4, Mario Rincón 4, Diego Antelo, Brais Vila 1, Iago Rincón, Fernado Mallo e Alex Gómez 14.
Arbitraron: César Carballo e Carlos Calvar, sen complicacións