O Grupo Lemaco caeu na sua visita a Meaño despois dun partido moi irregular, alternando intensidade e desconexión, que lle facia manterse sempre a remolque no electrónico. O inicio de encontro foi prometedor, cunha defensa que foi quen de roubar pelotas pero que as dubidas nas transicions non lle permitiron abrir brecha no marcador. A falta de ideas das locais provocou un cambio de posicions no ataque do Meaño, buscando unha mellor relación entre as suas xogadoras mais potentes, logrando por en problemas a defensa carballesas por momentos. A partir de aquí entraba en acción a liña de seis metros, onde as Verdes non se mostraron nada precisas, ben chocando ca gardarredes ou invadindo a área en moitisimas ocasions.
Xa na segunda metade e dous abaixo no electrónico, as carballesas sairon mal dos vestuarios o que aproveitaron as de Meaño para levar a distancia ata os sete goles. Ainda así as de Zarra non baixaron os brazos e foron quen de acortar as distancias ata un so gol. Os derradeiros minutos cheos de imprecisions terminaron por provocar a derrota (38-33).



