O Grupo Lemaco cede ante o Abegondo

Abegondo Casa Torreiro 32 – Grupo Lemaco Xiria A 30 – (16-14)

Disputaba o equipo carballés o seu derradeiro encontro desta Primeira Fase, aprazado no seu día diante do Abegondo,
e ao igual que no partido da primeira volta o conxunto rival complicou o xogo do Grupo Lemaco, que non foi capaz de entrar no partido e so por rachas lograba xogar. O arbitraxe, moi desconcertante, prexudicou en exceso ao Xiria, que se viu privado de facer fronte ao Abegondo.

As molestias de Viña e Erik. Que xogaron moi tocados, pasaron factura a un equipo que non atopaba solucións en ataque e era desbordado na defensa unha e outra vez, incapaz de parar as accións rivais. Por veces o Xiria atopaba boas sensacións, intensificaba a defensa e era capaz de correr, pero novamente debilitaba a defensa e volvían as diferenzas a prol do Abegondo.

Nun arranque final os carballeses lograban ir a polo partido, pero varias decisións en contra facían que cedesen ante o rival.

Agora a esperar a resolución da Federación Galega para a vindeira Fase.

Abegondo Casa Torreiro 32 (16): Juan Pérez, Diego Roel, Martín Bestilleiro 1, Diego Reparaz, Sandro Rey 2, Jorge Caamaño 1, Andrés Garrote 9, Adrián Torras 1, Antón Cadaveira 6, Unai García 12

Grupo Lemaco Xiria A 30 (14): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 4, Erik Vázquez 2, Angel Viña 2, Alberto Rodríguez 4, Manuel Rey , Pablo Veiga 12, Xurxo Fraga 5, samuel Regueira 1 e Marcos Amarelle

Arbitraron: Andrea Martínez e Ivan Martínez