O Grupo Lemaco cede ante un Luceros que se mostrou superior

Os de Xiria aguantaron 10 minutos o tirón do Luceros, que demostrou mellor acerto de fronte ao gol, e conseguía unha renda de 4 goles. Tratou a axustarse; pero sufría continuos contraataques que fixeron elevar a vantaxe ata 9 goles; máxima diferenza da primeira parte. Perdera o estado competitivo, e as perdas de balón do Grupo Lemaco sucedíanse deixando que o seu rival campase ás súas anchas sobre a pista.
Na continuación, o Luceros seguiu sendo mellor e estableceu unha vantaxe de 13 goles, a falta de 15 minutos. O carácter e o orgullo apareceu co partido sentenciado e impediu que a sangría fose a máis. O Grupo Lemaco Xiria recortou diferenzas ata o 37 a 27 final.

Pizzería Baratto Luceros 37 – Grupo Lemaco Xiria 27

Pizzería Baratto Luceros (19+18): Gael Blanco (6), Manuel Pérez (3), Miguel Hermelo (2), Manuel Barreiro (2), Alberto Colinas (3), Elias Aakcha Hammouda (1), Jose Manuel Meira (9), Xoel Gómez (1), Pablo Rodríguez (3), Álvaro Rosales, Iago Iglesias (4), Hugo Dasilva, Gabriel Choren.

Grupo Lemaco Xiria (10+17):Mateo Pallas [p], Julián García (8), Martín Fuentes (4), Esteban Puñal (4), Juanma Fajardo (4), Ángel Viña (2), Nicolás García, Miguel Goimil, Andrés García, Alberto Rodríguez (3), Samuel Veiga (1), Pedro Porteiro (1).

Árbitro: Marcos Pérez e Carlos Calvar do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo sexta xornada da división de honra cadete masculina disputado no Gatañal, en Cangas.