O Grupo Lemaco cede diante do Bm Culleredo

Terceira xornada da división de honra cadete masculina, o Grupo Lemaco Xiria visita a pista do Balonman Culleredo no primeiro derbi provincial da tempada. O partido decantouse na primeira parte a favor dos locais aínda que os do Xiria non baixaron os brazos e competiron na segunda parte onde decidiu o acerto cara gol.

Igualdade nos 15 primeiros minutos do encontro onde as defensas impoñíanse aos ataques. Os locais empezaron a atopar espazos no 5:1 exposto polo Grupo Lemaco a través das circulacións de primeira liña e aos poucos foi adquirindo vantaxe; deixouse en demasía nos instantes finais da primeira parte o Xiria e ao descanso fóronse 7 a 14.

Cambio de actitude, cambio defensivo e diferentes combinacións en ataque; empezaron a poñer en apertos ao Culleredo. Os do Xiria recortaban aos poucos e conseguían poñerse a dous goles a falta de 10 minutos. Non foi suficiente o esforzo realizado; xa que os locais tiveron un maior acerto cara o final e levaron os dous puntos en xogo.

O Grupo Lemaco Xiria segue crecendo co paso dos partidos e o obxectivo é manter a regularidade competitiva durante os 60 minutos; para o que fai falta seguir progresando e ter maior profundidade de banco; polo que seguro que veremos un cambio significativo co paso do tempo.

Balonman Culleredo Indutec Ingenieros 27 – Grupo Lemaco Xiria 22

Balonman Culleredo Indutec Ingenieros: Álvaro Del Busto, Guillermo Briones, Iago Bescansa, Jorge López, Martín Insúa, Nuno Loxo, Pablo Fariña, Senen Garea, Xoel Garrido, Alexo Muíña, Gonzalo Palleiro.

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo, Martín Fuentes, Nicolás García, Andrés García, Miguel Goimil, Bruno Facal, Pedro Porteiro, Esteban Puñal, Samuel Regueira, Alberto Rodríguez, Samuel Veiga, Ángel Viña, Julián García.

Árbitros: José Henrique Folgoso e Rubén Iglesias Álvarez do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón municipal de Almeiras (Culleredo)