O Grupo Lemaco complícase coa derrota ante o Atlántico

Balonmán Atlántico 33 – Grupo Lemaco Xiria A 28 – (17-12)

Os nervios atenazaron ao Grupo Lemaco nun partido no que non podía fallar, a presión e a obrigatoriedade de gañar pasaron factura dende a primeira xogada do encontro.
Comezou demasiado errático na circulación do balón e tamén na definición diante do porteiro, o Atlántico facía presión sobre os primeiras liñas e as solucións tan so chegaban no xogo individual, faltaba mobilidade entre liñas e o rival freaba os ataques do Xiria. Tampouco na defensa se vía ao equipo doutras veces, moitos erros de cambio de opoñente e pouca ou nula intensidade defensiva.
Tras o descanso e con 5 goles de desvantaxe o Xiria foi polo partido, imprimindo maior profundidade no ataque e amosando outras gañas na defensa, pronto recuperou a diferenza e incluso situouse dos goles por arriba, pero volveron as imprecisións perdendo balóns no ataque e fallando moitos lanzamentos, o partido escapábase no tramo final onde o Grupo Lemaco intentou unha defensa individual, ahí o Atlántico desbordou ao Xiria e incrementou o marcador ata ese 32 a 28
Agora o Grupo Lemaco vese na obrigatoriedade de gañar os dous partidos restantes si quere clasificarse para a seguinte fase.

Balonmán Atlántico 33 (17): Daniel González, Adrian Rio 6, Lucas Vilariño 7, Pedro Gil 3, Alexander Mendoza 2, Pablo Castiñeira, Angel Ramos 6, Diego Abades 3, Diego Lema 6, Roi Fernández, Iker Curto e Mateo Martínez

Grupo Lemaco Xiria 28 (12): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 3, Manu Pérez 2, Pablo Veiga 11, Pablo Suárez 1, Diego Mourelle 1, Dani Bello, Angel Villar, Henrique Traba 6, Miguel Cambón, Manu Rey 4, Marcos Amarelle, Chema Negreira, Dani Periscal e Marcos Suárez.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Andre Pena