O Grupo Lemaco consegue superar ao Rodeiro

Grupo Lemaco Xiria 40 – Balonmán Rodeiro 29 (20-13)

Dúas xornadas e dúas vitorias para o Grupo Lemaco A na Liga Ouro. Visitaba Carballo un perigoso Balonmán Rodeiro con xogadores de características parecidas aos carballeses, moita mobilidade, velocidade nas accións e calidade no lanzamento a portería. Plantou o Xiria unha defensa arriscada na que a intensidade era primordial e soubo estar a altura do solicitado, conseguindo moitas veces anular o ataque rival e saír con velocidade a contra.
No ataque tamén os de Carballo acertaban coa portería contraria índose ao final aos 40 goles, bos aproveitamentos de espazos e moi boa selección de lanzamentos con transformación en gol, paciencia na elaboración e tendo claro por onde se lle facía máis dano ao contrario
A vindeira semana o equipo, terá dobre enfrontamento, o venres festivo visitará a pista do Balonmán Porriño, difícil compromiso no que o Grupo Lemaco intentará dar a sorpresa ante o favorito, e o domingo recibirá ao Carballal, outro dos chamados para facerse coa clasificación.

Grupo Lemaco Xiria A 40 (20): Alex Vázquez e David Pensado (porteiros), Samuel Veiga 1, Erik Vázquez 7, Angel Viña 16, Alberto Rodríguez 6, Xurxo Fraga 6, Samuel Regueira 3, Marcos Amarelle 1, Manuel Rey e Miguel Cambón.

Balonmán Rodeiro 29 (13) Marcos Vázquez, Xabier Montes, Izan Guerra 1, Brais Cangado 10, Diego Fernández, Raul Arbor, David García, David Vázquez 8, Brais Calvo e Roi González 10

Arbitraron: Pablo Barreiro e Cristian García