O Grupo Lemaco caeu derrotado na súa visita a Lalín, despois dun encontro onde todo comezou de costas para as verdes. O mal inicio de encontro onde as carballesas non atopaban o ritmo en ataque, e sobre todo a pasividade defensiva, facilitaba ás do Deza unhas vantaxes(9-3) que serían lastre importante para o resto do encontro. Despois do tempo morto, as verdes reaccionaron ata colocarse a só dous goles(10-8) pero sería algo temporal xa que o desatino de cara a portería a pesar de encontrar lanzamentos claros abriron o marcador antes do descanso para as pontevedresas, que gozaban dunha excelente actuación da súa porteira.
No segundo tempo, moitos erros e precipitación que non lle permitiron as visitantes acercarse ata poder inquietar o resultado final


