As cadetes do Grupo Lemaco A viaxaron ata Vigo na tarde do venres, para a disputa do encontro adiantado da terceira xornada da Liga Ouro ante a UB Lavadores.
As carballesas saíron con folgos, sacando diferencias moi cedo e obligando a un tempo morto nos primeiros minutos ás viguesas que necesitaban entrar no encontro dun xeito ou outro. As cousas non cambiaron e as diferencias aumentaron ata unha máxima de oito goles para as verdes(6-14). Non obstante, as de Zarra acomodáronse no encontro o que lles fixo entrar nunha dinámica negativa ata o punto de permitirlle ás viguesas empatar o encontro no descanso(19-19).
Despois do descanso, as do Xiria conseguiron entrar na dinámica que as levou ás primeiras vantaxes, e mostraron de novo a superioridade sobre o rival neste encontro.
Con este resultado, o Grupo Lemaco A lidera a Liga Ouro cadete empatadas a 6 ptos ca SAR de Redondela despois de tres xornadas.