O Grupo Lemaco métese nas semifinais da Copa Galicia

Cuartos de Final da Copa Galicia Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria A 35 Reconquista de Vigo 34 (15-11)

O Grupo Lemaco Xiria “A” acada o pase as semifinais da Copa Galicia logo de eliminar en cuartos ao Reconquista de Vigo.
Chegaba a tarde do domingo o Xiria coas forzas xustiñas, logo dun intenso fin de semana onde moitos dos seus xogadores disputaron 3 encontros, a gasolina era pouca pero valeu para conseguir o pase despois dunha prórroga e marcar na derradeira acción de lanzamento de 7 metros.
Dominaba dende o inicio o encontro o Grupo Lemaco pero era incapaz de abrir vantaxe no marcador, creaba perigo e transformaba as súas accións pero en defensa chegaba tarde e permitía que os vigueses se mantiveran no resultado. Un arreón con boas contras deixaba vantaxe para o inicio da segunda metade.
O Reconquista empezou a xogar con máis dinamismo en ataque con moitos desdobramentos d cambios de postos, algo que asfixiou a defensa local que chegaba moi xusto nas accións. No ataque o Xiria atopouse co porteiro rival, a mala selección de lanzamentos debido a falta de frescura pasaron factura e permitía aos vigueses dominar no tramo final o encontro. Nuns derradeiros minutos o Grupo Lemaco sacou a coraxe e remontou ata o empate índose ambos equipos a prórroga.
Dos períodos de 5 minutos extra nos que o Xiria parecía decidir cun parcial de 3 a 0, pero volveu o Reconquista a empatar. Na derradeira acción os carballeses forzaron un sete metros que acabou en gol dando o pase as semifinais de Copa Galicia.

Grupo Lemaco Xiria A 35 (15):
Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 4, Marcos Amarelle 1, Manu Rey 1, Hugo García 8, Angel Villar, Miguel Cambón, Manu Pérez 3, Pablo Veiga 12, Pablo Suárez 1, Chema Negreira, Henrique Traba 5 e Diego Mourelle.

Balonmán Reconquista Vigo 34 (11): Alexandre Dominguez, Aaron Rodríguez 8, David García 1, Sergio San Millán 1, Nicolás Lamas 7, Diego Armesto 5, Rafael Lowe 1, Héctor Rodríguez 1, David Alvarez 2 e Alex Alonso 8.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Henrique Folgoso