O Grupo Lemaco Xiria caeu derrotado ante o Asmubal Meaño na mañá do domingo no Vila de Noia. O partido comezou co mando do equipo pontevedrés aproveitando mellor as súas opcións no ataque e tamén sostido por un inicio de encontro onde o desorden e a precipitación no ataque non permitía sumar goles no electrónico ás locais, soamente en algunhas accións de inspiración individual lograban chegar á rede.
O encontro entrou nunha fase a partir do minuto quince, onde as cousas parecían equilibrarse durante un tempo, pero un arreón final nese periodo permitiu as visitantes ampliar a vantaxe ata os nove goles ó descanso(10-19)
Xa na segunda metade, as carballesas non eran capaces de suxeitar os uns contra uns de unhas xogadoras fisicamente superiores que chegaban á liña de seis metros con facilidade para superar as gardarredes do Grupo Lemaco. Aínda así as locais mantiveron o tipo nun segundo tempo onde o parcial foi para as do Grove por un gol. Resultado final de (24-34) e unha semana de descanso para as xuvenís que non terán encontro esta vindeira semana na Liga Ouro


