Academia Octavio Pîzza Movil «A» – 35 (16+19): Daniel, Lois (3), David (7), Gregorio (4), Diego (7), Alejandro, Andre (1), Nicolás (5), Bruno V. (5), Pedro (2), Bruno C. (1), Rui.
Grupo Lemaco Xiria – 27 (12+15): Jose, Carlos (4), Fran (1), Antón, Andrés (4), Ronaldo (3), Andy (2), Roi (4), Manuel Souto, Juanca (9) e Samuel.
Os cadetes do Grupo Lemaco comezaron ben o encontro, amosando moita solvencia en ataque conseguían colocarse por diante no marcador (Min.12 5-7). Sen embargo a alegría durou pouco, o Octavio, que fixo un partido moi serio e regular, non tardaba en colocar a igualada aproveitando os erros defensivos do Xiria (Min.20 11-11). O Grupo Lemaco tentaba recuperar a vantaxe a través de accións individuais que remataban nas mans do porteiro local. Un só gol nos últimos dez minutos poñía o encontro costa arriba para os carballeses (Min.30 16-12). Soamente Souto, baixo paus, impedía que a vantaxe para os vigueses fora maior.
Na segunda metade o Grupo Lemaco viuse superado por un Octavio en racha que pelexaba polo título de Liga e non daría opción algunha á remontada.
Con esta derrota o Grupo Lemaco remata a Liga de División de Honra na 7ª praza con 21 puntos, debaixo de Porriño e SAR con 22.
Clasificación final de Liga:
Fotos do encontro: