O Grupo Lemaco cadete acadou un empate e gracias, despois dun encontro onde as carballesas estiveron bastante despistadas, con moitas perdas de bola e sobre todo ca defensa descuadrada.
As carballesas empezaron o encontro ca defensa 3-2-1 que veñen formando desde o comezo da tempada, e fóronse impoñendo ata que o adestrador vigués solicitou un tempo morto que cambiaría a dinámica. Retirou a pivote da liña de seis metros, para pasar a xogar con catro primeiras liñas, o que descolocou un pouco as locais que viron a distancia reducida ata o empate. Movía ficha o adestrador do Grupo Lemaco ante a dificultade defensiva e abría mais a defensa a unha individual donde voltaron a sacar beneficios que lles permitiu marchar o intermedio con vantaxe(13-10)
Na reanudación tentaron voltar a esa defensa habitual con algún concepto que non cuajou, tendo que volver a defender como na primera metade.
Con catro goles abaixo, o técnico ourensa modificou a defensa a unha 4-2 que se lle atragantou ás viguesas e conseguindo voltear así o marcador. Só un gol de tiro directo cumplíndose o tempo deixou o marcador en taboas finais


