O Grupo Lemaco planta cara ao Porriño

Grupo Lemaco Xiria 31 – A D Carballal 31 (15-13)

Balonmán Porriño 36 – Grupo Lemaco Xiria 30 (18-17)

Visitaba o venres o equipo carballés a cancha do Porriño, favorito para facerse co primeiro posto do grupo, e equipo cun gran potencial físico nos seus xogadores, o partido que a prior podía ser un paseo para o rival, atopouse cun Xiria que plantou cara durante todo o encontro e que por momentos foi dominando no partido.
A disposición defensiva do grupo Lemaco cunha defensa arriscada pero onde os seus xogadores estiveron intensos e moi acertados nas decisións, poñía en apertos aos porriñeses, que por veces non conseguían opcións de lanzamento nin achegarse a portería. A calma e bo facer no ataque do Xiria permitía cos seus goles tamén estar no partido e no marcador. Tivo ocasións de conseguir algo positivo o conxunto carballés pero non soubo xogar as superioridades no ataque o que permitía ao rival ir collendo distancia nos minutos finais para sentenciar o encontro.

Balonmán Porriño 36 (18): Adrián Carrera 8, Hugo Rodríguez 2, Eduardo Alonso 11, Martín Bar, Roberto Castro 7, Alex Ocampo, Rodrigo Pereira 1, Lucas Antunes, Nicolás Giraldez, Iker Balado 1 e Juan Rodríguez 7

Grupo Lemaco Xiria A 30 (17): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 2, Erik Vázquez 7, Angel Viña 8, Alberto Rodríguez 1, Nicolás García, Xurxo Fraga 4, Samuel Regueira 1, Marcos Amarelle 1, Manu Rey e Pablo Veiga 6.

Arbitraron: Oscar Fernández e Rubén Cividanes