O Grupo Lemaco regresa á competición con vitoria

Partido correspondente á xornada 11; que o Grupo Lemaco Xiria tiña aprazado pola condensación e a falta de designación arbitral no seu día.

Finalmente o partido puido disputarse na tarde do 7 de xaneiro, no pavillón Pablo Herbello Novas, en Bueu.

Coas típicas dúbidas despois do parón do Nadal e a carga física acumulada na última semana, uníanse tamén as baixas de Mario Cancela, Esteban Puñal, Miguel Goimil e Andrés García, por diferentes motivos.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria, atopáronse en dificultades para facerse cos dous puntos, pero souberon reaccionar e gañar un encontro que lles sitúa agora mesmo, na segunda posición da táboa empatados con A.D. Carballal.

Partido irregular e xogando con continuos altibaixos, pero que durante a primeira parte conseguiu o Grupo Lemaco ir sempre por diante, mesmo con vantaxes de 5 goles, que a partir do minuto 15 e grazas a dúas exclusións o Bueu recortaba diferenzas para marcharse ao descanso con 16 a 18 no marcador.

Na continuación, os de Carballo tentaron corrixir as dificultades que tiñan no bloque central da defensa, pero esta vez o 5:1 non lle ía a funcionar e veríase obrigado a cambiar a 6:0, onde se atopou máis cómodo nos minutos finais e conseguiu algúns contraataques claros por parte de Daniel Mallo e en ataque posicional xogando con dous pivotes, Diego Antelo sobresaíu na faceta goleadora. O resultado final de 31 a 36 leva os puntos para Carballo e deixa en boa clasificación aos do Grupo Lemaco.

O sábado ás 11:45 no pavillón Do Loureiro, en Vigo; enfróntanse o A.D. Carballal e o Grupo Lemaco Xiria na loita pola clasificación final. Son dous puntos importantes pero non definitivos xa que aínda é o primeiro encontro da segunda volta.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Pablo Herbello Novás ante uns cincuenta seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: Andrea Martínez e Ignacio Colino do colexio galego. Andrea mostrouse máis segura e precisa ca Ignacio.

BUEU ATL. BM 31 ( 16 + 15 ): Martín Iglesias, Rubén Iglesias, Noel Álvarez, David Juncal, Marco Rivas, Brais Cerviño, Diego Dios, Raúl Dios, Raúl Piñeiro, Diego Villafines, Asier Parada, Iago López, Manuel J. Argibay.

GRUPO LEMACO XIRIA 36 ( 18 + 18 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Martín Fuentes, Daniel Mallo, Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Carlos Varela, Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo.