O Grupo Lemaco supera o Bm. Culleredo (15-48) no inicial da Copa Federación

O Grupo Lemaco supera o Bm. Culleredo (15-48) no inicial da Copa Federación

Contundente victoria do Grupo Lemaco cadete ante o Bm Culleredo, que nada puido facer ante un Xiria que saíu desde o principio cunha marcha máis, secando o ataque bermellón e marchándose no electrónico con moito tempo por xogar. A polivalencia e movilidade das verdes, aproveitando as numerosas rotacións, permitíronlles correr durante todo o encontro. A pesar de baixar un anaco a intensidade defensiva no segundo período, as verdes mantiveron o ritmo na anotación, conseguindo os puntos para a clasificación dese grupo 4 da Copa Federación. Despois dun descanso esta vindeira semana, se enfrentarán na casa para despedir o ano no Vila de Noia no penúltimo encontro ante a UB Lavadores