O Grupo Lemaco tutea ao segundo clasificado

O Grupo Lemaco Xiria cadete, realizou un excelente encontro no pavillón vigués de Coia. Os de Carballo, que se enfrontaban ao segundo clasificado da táboa, dominaron nunha primeira parte ao gran conxunto olívico e nun partido vibrante e igualado, caeron no último instante co tempo a cero e un penalti en contra.

O envite comezou cos verdinegros lanzados no convencemento de mostrar a súa mellor cara. O ritmo dos dous conxuntos era moi alto, os porteiros lucíanse en grandes intervencións e os bergantiñáns dominaban o electrónico grazas ao seu xogo colectivo no ataque posicional (6-11 minuto 15). Tan só nos últimos cinco minutos da pimeira parte, os olívicos conseguían igualar a contenda para retirarse aos vestiarios con todo por decidir cara á continuación (15-15).

A igualdade predominaría ao longo de todo o segundo tempo, pero agora eran os locais os que asomaban a cabeza no marcador durante este acto. Nun esforzo de titáns, pleno de convencemento, os de Xiria chegaban con tan só un gol de desvantaxe ao minuto 25 (29-28), instantes nos que a balanza podía caer para calquera dos dous bandos. Nos últimos dez segundos, unha acción de 1×1 por parte do local Leiras, conseguía sacar un sete metros que ao cabo sería definitivo, xa que co tempo a cero, os locais conseguían os dous puntos en xogo tras materializar este penalti.

A semana que vén, o Grupo Lemaco volverá actuar como visitante, esta vez ante un complicado rival situado por encima dos de Carballo a tan só un punto, a SAR de Redondela.

Seis Do Nadal: 35 (15+20). Rubén, Leiras (9), Martín (2), Simón (10), Millos (7), Xurxo (4), Víctor (3)-Equipo Inicial-Samuel, José, Pablo, Angel, Dani, Yago, Isaac.

Grupo Lemaco Xiria: 34 (15+19). Antonio Mato, Carlos Vilanova (9), Fran Rey (2), Andrés Vila (7), Andy Rey (2), Roi Alfeirán (1), Juan Carlos Rodríguez (13)-Equipo Inicial-Samuel Castiñeiras, Ronaldo Durán, Sergio Pombo, Manuel Sánchez.

Parciais cada 5´: 2-4/3-7/6-11/9-12/13-14/15-15-Descanso-18-17/21-21/25-23/27-25/29-28/35-34-Final

Árbitros: Mario e Oscar Fdez. Excluiron con dous minutos a José e Angel polos locais e a Juan Carlos Rodríguez (2), Roi Alfeirán, Andy Rey e Carlos Vilanova polos visitantes.

Incidencias: Encontro correspondente a 20ª xornada da liga de DH Cadete disputado no pavillón de Coia en Vigo, ante a presenza de multitude de seareiros carballeses que se desprazaron até a cidade olívica.

Fotos do encontro:

CADETES DESTACADA

 

Cadetes sedona 6

Cadetes sedona 5

Cadetes sedona 4

Cadetes sedona 3

Cadetes sedona 2

 

Clasificación 20ª xornada:

Captura sedona cad