O Grupo Lemaco vence sen complicacións ao Viveiro

Balonmán Viveiro 17 – Grupo Lemaco Xiria A 46 (5-21)

A diferenza de nivel entre os dous equipos quedou de manifesto nos primeiros intres do encontro, a competición previa a disputa da Liga Galega, da estes emparellamentos desiguales que se deben afrontar da mellor maneira e intentando sacar proveito para futuros compromisos.
Pouca historia nun partido onde o Xiria cada vez que imprimía velocidade ao seu xogo conseguía plantarse con facilidade na portería contraria, a presión defensiva facía que xogo do ataque do Viveiro se enmarañase e cometera erros con perdas de balón.
NA segunda metade o Viveiro concentrou o seu ataque en xogar cos pivotes, de moita envergadura, e aí foi quen de facer o pouco dano que poido. O grupo Lemaco dominaba o encontro ata ese final 17 a 46.

Balonmán Viveiro 17 (5): Juan Castro, Héctor Umpierrez, Edgar Durán, Pablo Piñón, José Fernández 5, Martín Gómez 2, Hugo Cao, Mael Pérez 6, Lucas Méndez 1, Gabriel Mariño 3 e Manuel Vázquez

Grupo Lemaco Xiria A 46 (21): Mateo Pallas e Alex Vázquez (porteiros), Samuel Veiga 2, Erik Vázquez 10 , Angel Viña 11, Samuel Regueira 9, Alberto Rodríguez 1, Nicolás García, Manuel Rey 4, Pablo Veiga 1, Xurxo Fraga 5 e Marcos Amarelle 3

Arbitrou: Raquel Martínez