O Grupo Lemaco Xiria afiánzase na terceira praza e aspira a máis.

Na mañá do domingo, o Grupo Lemaco Xiria recibía ao SD Teucro, en Carballo; no partido correspondente á xornada 13. Enfrontábanse o terceiro e cuarto clasificado, respectivamente. Sairía ben o conxunto local; que aos poucos, ía adquirindo vantaxes, con rápidas transicións e atopando aos extremos no ataque posicional. Non quedou máis remedio ao técnico do Teucro que parar o partido. Pero os do Grupo Lemaco, nos primeiros 30 minutos apenas cometeron erros na parcela defensiva; aínda que puideron estar máis acertados para portería; polas ocasións xeradas. Ao descanso chegouse cun 16 a 11.
Na segunda metade; o pivote e os laterais pontevedreses empezaron a crear problemas na zona central da defensa; que nesta segunda metade, sufría nese aspecto. O ataque do Xiria, ben dirixido por Julián García, mantivo as diferenzas no marcador; para chegar ao final do partido 31 a 27 e quedando os dous puntos en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 31 ( 16 + 15 ): Pedro Pena [p], Daniel Mallo (8), Álex Puñal (1), Áaron Rodríguez (2), Mario Cancela (11), Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris, Andrés García, Carlos Varela (1), Fernando Mallo, Julián García (3), Diego Antelo (4).

S.D TEUCRO HOTEL RÍAS BAIXAS 27 ( 11 + 16 ): Adrián Torres [p], Lois García [p], Marlon Barco (3), Martín González (6), Enrique Fernández, David Chan (1), Vicente Enrique Domínguez (1), Juan Castro Rodríguez (4), Oscar Páredes, Sergio Blond (3), Esteban Carballido (3), Diego Leal, Álvaro Castro (6), Sergio Cortizo.