O Grupo Lemaco Xiria B comeza con vitoria a 2ª Fase da Liga Prata

O pasado sábado ás 11:00 horas no Pavillón CEIP Fogar tiña lugar a 1ª xornada da 2ª Fase de grupos da Liga Prata Cadete Feminina.

Nos primeiros intres do partido, as imprecisións por parte dos dous equipos conducían a numerosas pérdidas de balón. Os goles chegaban, na súa maioría, por accións de 1×1 en ambos equipos. Co paso dos minutos, as rapazas do Grupo Lemaco Xiria B ían atopándose máis cómodas e con maior efectividade tanto en ataque coma en defensa. As locais conseguían distanciarse un pouco no marcador chegando ao descanso cun 16-11.

Na segunda metade, a igualdade mantiñase co paso dos minutos. As do Xiria dominaban o marcador pero non eran capaces de sentenciar aumentando a diferenza de goles. A intensidade de ambos equipos permitiu desfrutar dun partido vibrante ate o último minuto chegando ao final cun marcador de 26-22.

O Grupo Lemaco Xiria B comeza esta segunda fase sumando 2 puntos. O Balonmán Caselas e o Galicia Social serán as rivais nesta loita pola 13ª praza.

Na vindeira xornada as carballesas desprázande a Vigo para enfrontarse ao Galicia Social.