O Grupo Lemaco Xiria B consegue os dous puntos en Arteixo

O conxunto carballés continúa coa súa traxectoria ascendente na competición ligueira e logo dun bo partido en liñas xerais, lograría unha vitoria ante o Telepizza Arteixo.

Telepizza Arteixo 25 – Grupo Lemaco Xiria B 32

Telepizza Arteixo (16+9): Roi Mourón, Marcos Abeleira (4), Jairo Miguez (5), Álex Tajes, Iago Mouzón, Lucas López (3), Marcos Vázquez (3), Hugo Montero (10), Xavi Oreiro, Jorge Sánchez.

Grupo Lemaco Xiria B (17+16): Yago Sande [p], Lucas Amado, Diego Barbeira, Brais Suárez (1), Máxi Días (2), Henrique Traba (4), Álvaro García (1), Diego Mourelle (5), Marcos Suárez (4), Aday Gómez (2), Simón Viña (5), Jorge Rodríguez (1), Daniel Periscal (7).

Árbitros: Alfonso Canitrot e Rubén Cividanes do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada do Grupo A da Liga Prata cadete disputado no pavillón municipal de Galán (Arteixo).

Un bo comezo de partido; lograba para os do Grupo Lemaco Xiria as primeiras vantaxes no marcador. Mandando desde a parcela defensiva e buscando a solución sinxela no ataque chegouse ao 8 a 12; pero as precipitacións nos lanzamentos e algún desaxuste defensivo, permitiu aos locais achegarse antes do descanso (16-17).

Na segunda metade o equipo mantivo a regularidade defensiva que lle diu a tranquilidade necesaria para sentenciar ao contraataque e facer a máxima diferenza co resultado final de 25 a 32.