O Grupo Lemaco Xiria B faise coa victoria en Camariñas

Suma e segue o Grupo Lemaco Xiria B; que tivo dificultades para facerse cos dous puntos; diante un equipo aguerrido, o Bm Camariñas; que viu como se lle escapaba o partido nos últimos 10 minutos. A excesiva diferenza no marcador nada tivo que ver coa igualdade do encontro.

Os ataques predominaron ao longo dos 60 minutos; onde os dous adestradores cambiaron de sistemas de defensa sen lograr o éxito que querían. O porteiro local, mantiña aos seus no partido; que se movía con diferenzas de 3 a 4 goles a favor do Xiria.

Na segunda parte, apertaba o Bm Camariñas e cando parecía que consumaría a remontada estando en dobre superioridade numérica; os de Carballo; tiveron máis eficacia nas súas accións e sentenciaban o encontro para seguir co refacho de vitorias desta tempada.

A semana que vén, visita a Abegondo; co liderado en xogo entre dous conxuntos que ocupan as primeiras prazas da táboa.

Bm Camariñas 29 – Grupo Lemaco Xiria B 39

Bm Camariñas: Anxo Vigo (2), Aaron Calvo, Xaquín Hérmida, Alejandro Lobelos, Samuel Vidal (1), Ángel Bouzas, Daniel Paz (10), Brais Dono (2), Jorge Martínez, Lucas García, Gabriel Blanco, Fabio Pasantes (14), Leandro Canto, Samuel Soneira.

Grupo Lemaco Xiria B: Yago Sande [p], Máxi Días, Lucas Amado, Brais Suárez (3), Henrique Traba (7), Álvaro García (2), Diego Mourelle, Marcos Suárez (5), Aday Gómez (2), Jorge Rodríguez (9), Daniel Periscal (11).

Árbitro: Iván Hernández do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a sétima xornada do Grupo A da liga prata cadete, disputado no pavillón Víctor Vigo (Camariñas).