O Grupo Lemaco Xiria B gaña en Arteixo

3ª Xornada da Copa Sponsor

Telepizza Arteixo 29 – Grupo Lemaco Xiria B 30 (15-16)

Medíase nesta terceira xornada da Copa Sponsor o Grupo Lemaco B ao Arteixo, ao que rendía visita.
Partido igualado onde o empate foi o resultado que predominou o longo do encontro, si ben o Xiria sempre un paso por diante a pesares de que non conseguía distanciarse.
Máis versatilidade no ataque dos de Carballo que conseguían combinar para chegar a gol, pero tamén moi pouco intensos e con moitos fallos defensivos o que permitía ao rival permanecer no encontro.
Na segunda metade os de Arteixo optaron por unha defensa individual sobre Dani Periscal, o xogador con máis gol do Xiria, pero a marcaxe foi ben resolta polo Grupo Lemaco, nos derradeiros minutos os locais apremaron en pro da vitoria pero o Xiria soubo xogar as súas bazas e conseguir merecidamente os puntos en xogo

Telepizza Arteixo 29 (15): Gebriel Baiz 7, Jairo Míguez 3, Jorge Sánchez, Lucas López 3, Marcos Abeleira 5, Hugo Montero 8, Martín Trillo, Roi Mourón, Xavi Oreiro 3.

Grupo Lemaco Xiria B 30 (16): Iago Sande (porteiro) Daniel Periscal 16, Jorge Rodríguez 2, Marcos Suárez 2, Nico Cancela 3, Alvaro García, Marcos Varela 4, Diego Barbeira , Simón Viña 1, Maxi Díaz 1, e Aday Gómez 2.

Arbitraron: Ivan Hernández e Renzo Díaz