O Grupo Lemaco Xiria B segue coa súa progresión na Copa con outra vitoria

O conxunto carballés continúa coa súa traxectoria ascendente na competición copeira e logo dun bo partido en liñas xerais, lograría unha vitoria ante o Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Termal.

Grupo Lemaco Xiria B 37 – 27 Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Termal

Grupo Lemaco Xiria B (17+20): Yago Sande [p], Henrique Traba (8), Álvaro García (1), Daniel Periscal (7), Diego Mourelle (8), Jorge Rodríguez (2), Marcos Suárez (4), Brais Suárez (3), Diego Barbeira, Simón Viña (1), Máxi Días (1), Lucas Amado e Aday Gómez (2).

Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Termal (10+17): Daniel Carlón, Miguel Cortés (6), Luis Dávila (3), Anxo Rodríguez, Lois Rodríguez (9), David Fernández (2), Jorge Araujo, Javier González (1), Iker Álvarez (2), Denis Lorenzo (3), José Estévez (1), Aitor Lorenzo e Marcos Carlón.

Árbitros: Renzo Díaz e Rubén Iglesias do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada do Grupo E da Copa Galicia cadete disputado no pavillón municipal Vila de Noia (Carballo).

Malia o inicio un tanto dubitativo na parcela defensiva, onde os visitantes conseguían goles fáciles dende a primeira liña, e un marcador favorable; o Grupo Lemaco Xiria B, recompoñíase no bloque central e daba a volta ao marcador, antes do minuto 10. Unha defensa que cando traballa ben no colectivo; e cada xogador está centrado nas súas tarefas, lógranse diferenzas como a vista na primeira metade, onde o resultado foi de 17 a 10.

Na segunda parte, os erros individuais incrementáronse, pero o maior acerto ofensivo permitiu aos de Carballo manter a diferenza e por conseguinte facerse coa vitoria fronte a un Carnes Do Ribeiro que se viu superado abrigo no aspecto físico.

Bo traballo do equipo, que ten que seguir crecendo desde a fase defensiva e que a próxima fin de semana enfróntase ao Luceros; o outro equipo do grupo que conta os seus partidos por vitorias. Será un rival realmente esixente, e que poñerá a proba a eficacia defensiva do mozo conxunto de Xiria.