O Grupo Lemaco Xiria B vence ao Telepizza Arteixo nunha gran segunda parte

Grupo Lemaco Xiria B 34 – Telepizza Arteixo 26

Grupo Lemaco Xiria B (16+18): Yago Sande (p), Antón Pardiñas (p), Diego Barbeira, Brais Suárez, Máximo Andrés Días, Nicolás Cancela, Marcos Varela, Álvaro García, Diego Mourelle, Marcos Suárez, Aday Gómez, Simón Viña, Jorge Rodríguez.

Telepizza Arteixo (14+12): Gabriel Ricardo Baiz, Hugo Montero, Jairo Miguez, Jorge Sánchez, Lucas López, Marcos Abeleira, Marcos Vázquez, Martín Trillo, Roi Mourón, Xavi Oreiro

Árbitros: Henrique Folgoso y Renzo Díaz.

Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Prata cadete masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo)

Nova vitoria do Grupo Lemaco Xiria B. Esta vez diante do Telepizza Arteixo que do mesmo xeito que na primeira volta puxo en apertos durante gran parte do choque aos xogadores de Carballo.

Os dous equipos saíron con defensa 5:1, aínda que é certo que con conceptos diferentes. A igualdade era a tónica predominante cunha mínima vantaxe a favor do Grupo Lemaco. Os de Carballo cos cambios aproveitaron para cambiar o sistema defensivo o partido seguía na mesma tónica. O marcador reflectía 16 a 14 ao descanso.

Sentoulle ben ese tempo de parón para reorganizarse e tanto o sistema 5:1 como o 6:0 nestes segundos 30 minutos impuxéronse aos visitantes que co paso dos minutos vían como se lle escapaba o partido.

Gran segunda metade do Xiria, para seguir lideres do seu grupo.