O Grupo Lemaco Xiria, cae en Pontevedra

O Grupo Lemaco Xiria, cae en Pontevedra

Os cadetes de Escolas Balonmán Xiria, caeron na mañá do Sábado ante un BM.Cisne que estivo sobresainte. O madrugón, non lle sentou ben aos xogadores de Carballo, descoñecidos no parquet do Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante os sesenta minutos. A penas aguantaron 5 minutos os visitantes (3-3) ante a gran intensidade e o altísimo ritmo proposto polos de casa e deron demasiadas facilidades con 23 perdas de balón o longo do encontro.

O envite, comenzouse a romper a favor dos da cidade do Lerez cun 5-0 de parcial conseguido entre o minuto 10 e o 15 da primeira parte. Os verdibrancos, non eran capaces de parar o ataque do Cisne e a rápida circulación do balón, carentes de profundidade defensiva e contundencia nos contactos. O 20-9 que reflectía o marcador no primeiro tempo, era un duro golpe para os bergantiñáns e practicamente sentenciaba o partido nos primeiros trinta minutos.

Na segunda parte, o partido converteuse nun ida e volta, accións continuas de ataque e debiles defensas, que aumentaban os algarismos duns e outros sen que os porteiros de ambos os dous conxuntos tivesen moito que dicir ante a claridade dos lanzamentos recibidos. A derrota, deixa a os de Xiria sextos na táboa clasificatoria, a tres puntos do seu rival de hoxe, que ocupa a terceira praza.

O próximo Domingo, o Grupo Lemaco recíbe no Vila de Noia ao Seis Do Nadal, segundo na clasificación e outro dos equipos máis fortes da categoría.

BM.Cisne: 42 (20+22). Peleteiro, Alex (15), Dani (8), Hugo (2), Adrián (2), Javi (7), Julio (3)-Equipo inicial-Gonzalo (2), Roque, Martín (1), Álvaro, José (2), Del Río, Juan, Alberto.

Grupo Lemaco Xiria: 25 (9+16). Manuel Souto, Roi Alfeirán, Fran Rey (3), Juan Carlos Rodríguez (7), Carlos Vilanova (8), Andy Rey (1), Andrés Vila (2)-Equipo inicial-Maio Lema, Samuel Castiñeiras, Ronaldo Durán, Antón Traba (2), Manuel Sánchez, José Varela, Sergio Pombo, Xurxo Rey (2).

Marcador cada 5´; 3/3, 7/5, 12/5, 15/6, 19/8, 20/9-Descanso-25/13, 29/15, 32/19, 34/20, 38/23, 42/25.

Árbitro. Cesar Carballo. Excluíu con dous minutos a Julio polos locais e a Xurxo Rey e Roi Alfeirán polos visitantes.

Incidencias: Encontro correspondente a oitava xornada da División de Honra en categoría cadete, disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Aproximadamente, sesenta afeccionados de un e outro equipo nas bancadas cun nutrido número de pais e nais desprazados dende Carballo.

Clasificación oitava xornada:

CAD 8ª

CAD CISNE4  CAD CISNE6

CAD CISNE5   CAD CISNE7

CAD CISNE3   CAD CISNE 8

CAD CISNE 2   CAD CISNE1