O Grupo Lemaco Xiria compite para facerse coa vitoria no derbi

O inicio do encontro, tivo moita igualdade; os dous equipos competiron a bo nivel. A resistencia do Grupo Lemaco permitiulle chegar mellor aos úlitmos 10 minutos e sacar unha vantaxe de catro goles ao descanso (17-13). A vantaxe puido ser maior, xa que foron minutos de bo nivel defensivo, pero as numerosas perdas de balón no contraataque, houbo ata 8 perdas, limitaron o resultado.
Tras o paso por vestiarios, os dous conxuntos recuperaron forzas, e o marcador desenvolvíase coa vantaxe que o Grupo Lemaco adquiriu na primeira metade; aguantando a envestida inicial do Oar; aínda que aos poucos a vantaxe volvería crecer, para un Xiria que chegou mellor á parte final do partido. O nivel defensivo baixou, con respecto aos primeiros 30 minutos, o que incrementou o resultado final a 36 a 29.

Grupo Lemaco Xiria 36 – Investo Oar Coruña 29

Grupo Lemaco Xiria (17+19): Mateo Pallas [p], Miguel Goimil (1), Esteban Puñal (8), Pedro Porteiro, Alberto Rodríguez (3), Ángel Viña (4), Andrés García (2), Samuel Veiga (1), Juanma Fajardo (9), Samuel Regueira (4), Martín Fuentes (4).

Investo Oar Coruña (13+16): Rene Hugo, Joel Rabade (2), Diego Infante, Antón Casas, Adrián Pérez (7), Alejandro Vasallo, Marcelo Gil (4), Ramón López (5), Nicolás Pérez (2), Marcos López (3), Cristovo Mateo Castro, Efrén Oviaño (6).

Árbitro: Pablo Manuel Barreiro e Iván Hernández do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimonovena xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Vila de Noia, Carballo.