O Grupo Lemaco Xiria gaña ao Academia Octavio

Empezaba na mañá do sábado, en Carballo; o Grupo Lemaco Xiria contra o Academia Octavio; partido correspondente á xornada 14 da división de honra cadete masculina.
O Octavio foi o claro dominador do timing durante o partido. A súa defensa 6:0 con pouca profundidade; combinado cun xogo de ataque excesivamente pausado e longo; en que os locais caeron por completo no xogo vigués e non souberon elevar o ritmo cando lles interesaba.
Os 60 minutos transcorreron con pequenas diferenzas de 2 ou 3 goles a favor do Xiria, que estivo acertado no lanzamento atopando situacións de vantaxe para definir con claridade. Onde non estiveron tan acertados foi na defensa; nin o 5:1, nin o 6:0 funcionaron, xa que o Octavio conseguía lanzar con demasiada facilidade.
A pesar de que non vimos un gran partido; os do Xiria levaron unha vitoria, para seguir terceiros na clasificación.
Entramos nun a semana crave para recuperar algúns dos xogadores lesionados e poder subir o nivel dos adestramentos.
A seguinte xornada enfrontaranse ao Luceros no Gatañal.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Pablo Barreiro do colexio galego. Excluíu a Antonio Calvelo e Aaron Rodríguez por parte do Grupo Lemaco Xiria, mentres polo conxunto visitante foron excluídos Diego Fernández e Asier Cerqueira.

 

GRUPO LEMACO XIRIA 35 ( 17 + 18 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Daniel Mallo (2), Álex Puñal (1), Áaron Rodríguez (4), Mario Cancela (12), Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris, Andrés García, Carlos Varela (1), Fernando Mallo (7), Julián García (2), Diego Antelo (4), Martín Fuentes, Miguel Goimil.

ACADEMIA OCTAVIO 33 ( 17 + 16 ): Andre De Moura (6), Daniel Pérez, Diego Fernández (13), Asier Cerqueira (6), M. Rodríguez (2), Aaron Davila, Izzan Ferreira, Luis Álvarez (3), Xavier Domínguez, P. Mouriño (2), Imanol Justel, Jonathan Patiño (1), Mario Vázquez, Temesguen Alonso, Oscar Ballesteros.