O Grupo Lemaco Xiria gaña con difícultad

Aos dous conxuntos da categoría cadete, custoulles atopar o ritmo do partido. Aínda que empezarían ben, abrigo en ataque, onde se atopaban situacións de gol con facilidade, e os porteiros foron collendo protagonismo. Co paso dos minutos, foise perdendo a velocidade do xogo, e ao descanso chegábase cun axustado 16 a 14.
A segunda metade, o Grupo Lemaco elevou o ritmo de xogo durante 10 minutos, ampliou a vantaxe ata os 7 goles; con transicións rápidas. Pero foi perdendo concetración e os continuos desaxustes aproveitábanos os visitantes para facer dano desde o pivote, que xogou demasiado cómodo na liña de 6 metros. O resultado non correu perigo xa que o descenso do ritmo foi notorio e non habería posibilidade de remontada.
Finalmente, o Grupo Lemaco Xiria puido conseguir unha vitoria para ir recuperando sensacións competitivas no seguinte tramo da tempada, que ten marxe para mellorar.

Grupo Lemaco Xiria 37 – Balonmán Cangas 32

Grupo Lemaco Xiria (16+21):Mateo Pallas [p], Darío Calviño [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (3), Martín Fuentes (5), Andrés García (1), Pedro Porteiro (1), Esteban Puñal (10), Ángel Viña (5), Alberto Rodríguez (4), Nicolás García (1), Samuel Veiga (1), Julián García (6).

Balonmán Cangas (14+18): Manuel Soliño (1), Pablo Fernández (8), Carlos Menduíña (3), Mauro Aevedo, Roque Díaz (4), Breixo Nuñez, Manuel Magdaleno (7), Rodrigo Camacho, Isaias Mariño (5), Hugo Caballero (1), Breogán Vidal (3), Nicolás Millán, Carlos Da Vila.

Árbitro: Ángel Mateos y Héctor Pi do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondiente a la duodécima jornada de la división de honor cadete masculina disputado en el pabellón Vila De Noia.