O Grupo Lemaco Xiria gaña pola mínima ao Lalín

Partido correspondente á xornada 2 da Copa Federación cadete masculina. Enfretabanse o Carpintería Jar Lalín e o Grupo Lemaco Xiria no Lalín Arena. Un encontro moi irregular por parte de ambos conxuntos e onde o porteiro local axudado polos numerosos lanzamentos ao poste por parte visitante, permitiu chegar ao final do partido con opcións ao conxunto de Lalín.

Os do Xiria, xogaron mellor pero fixérono a refachos, sen conseguir manter o ritmo de xogo durante os 60 minutos. A defensa 6:0 que propoñían, aínda está lonxe de coordinarse ben; pero viuse a evolución e os xogadores van entendo os conceptos dunha defensa nova para eles. Minutos importantes e de calidade que van aproveitando todos os xogadores.

Este mércores nova oportunidade para seguir progresando. Visita Carballo o AD Carballal.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Lalín Arena, Lalín, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Alfonso Canitrot do colexio galego.

LALÍN CARPINTERÍA JAR 25 ( 13 + 12 ): Sergio Jar [p], Anton Maceira [p], Adrián Ferradas (2), Miguel García (6), Xabier Crespo, Xabier Fernández (1), Matías López (1), Breixo Pereira (7), Alberto Rodríguez (2), Antonio Canda (2) e David Rodríguez (2).

GRUPO LEMACO XIRIA 26 ( 13 + 13 ): Darío Calviño [p], Pedro Pena [p], Álex Puñal (2), Fernando Mallo (5), Julián García (4), Martín Fuentes (3), Javier Rodríguez, Esteban Puñal, Juan Martín Fajardo (1), Antonio Calvelo (2), Miguel Goimil (2), Carlos Varela (3), Diego Antelo (4).