O Grupo Lemaco Xiria imponse ao Cisne e recorta diferenzas.

Vitoria importante para a clasificación xeral para o Grupo Lemaco Xiria; que despois de realizar un excelente primeiro tempo; deixouse levar en demasía no segundo tempo e a punto estivo de custarlle o partido ante un dos equipos fortes da categoría.

Empezaba o partido cun alto ritmo por parte dos dous equipos, tras os primeiros compases; onde ambos medían as súas forzas; o nivel defensivo dos de Carballo, e as transicións rápidas levaban unha pequena vantaxe no marcador para os do Grupo Lemaco; que sufrirían ata catro exclusións nesta primeira metade por ningunha dos visitantes, o que impediu que ao descanso unicamente gañasen por 16 a 12, a pesar dos bos 30 minutos do equipo.

Apertaba o Cisne ao comezo do segundo tempo, tentando xogar defensas mixtas sobre Mario Cancela e Diego Antelo; pero os de Carballo non se deixaban sorprender, chegando a gañar por 9 goles. Pero a relaxación, en forma dun pobre balance defensivo e unha mala selección de lanzamentos no ataque posicional; levaron ao Cisne para meterse de novo no encontro. Unicamente, Daniel Mallo trataba de actuar sobre os seus opoñentes; pelexando ata o final do partido; mentras os seus compañeiros limitábanse a observar na parcela defensiva. Ao final o Grupo Lemaco gañaba por 33 a 31, nun partido no que deberá aprender a madurar; xa que puido sacar maior vantaxe ante un rival directo.

A semana que vén o Grupo Lemaco Xiria viaxa ata Ourense para enfrontarse ao Nova Xestión Pabellon, nun partido en que os de Carballo parten como favoritos para levar os dous puntos, xa que os locais parten penúltimos na táboa; aínda que deberán andarse con coidado xa que os ourensáns son un dos equipos que máis goles a favor leva.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante uns cen de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Gabriel Folgoso e Henrique Folgoso do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 33 ( 16 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal, Martín Fuentes, Mario Cancela, Daniel Mallo, Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Carlos Varela, Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo.

CISNE COLEGIO LOS SAUCES 31 ( 12 + 19 ): Borja Fernández, Carlos Álvarez, David Fernández, Diego López, Enrique Domínguez, Fernando Álvarez, Hugo Pérez, Javier Sierra, Jose Cerqueiro, Manuel Couso, Mario González, Miguel Pérez, Miguel Silva, Nuno González, Rafael Logroño, Rubén Sequeiros.