O Grupo Lemaco Xiria imponse con claridade ao Luceros

Bo partido o realizado polos cadetes do Grupo Lemaco Xiria. A alta intensidade defensiva que impuxeron ao longo dos 60 minutos, presionando aos visitantes permitiulles romper o partido desde o primeiro momento. 4 a 0 de parcial e nin o tempo morto solicitado por Adrián Menduíña rompía o ritmo do partido. O Luceros acabou a primeira metade facendo 2 mixtas pero os de Carballo non se deixaban sorprender e marchábanse ao descanso 23 a 9 e o encontro resolto.

Na segunda metade, os do Grupo Lemaco mantiveron o ritmo de xogo, o cal levou ao marcador final de 41 a 21.

Ese é o camiño a seguir para progresar. Ser capaces de xogar os 60 minutos ao mesmo nivel.

A semana que vén viaxan até Culleredo, para enfrontarse no derbi polos postos altos da clasificación.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros. Colexiados: Henrique Folgoso e Eugenio Muñoz do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 31 ( 14 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal (3), Martín Fuentes (3), Mario Cancela (6), Daniel Mallo (7), Álex Puñal (5), Áaron Rodríguez (2), Antonio Calvelo (5), Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Carlos Varela (4), Fernando Mallo (5), Julián García (1), Diego Antelo.

LUCEROS EL HORMIGUERO 21 ( 9 + 12 ): Miguel Hermelo (1), Eloy González, Víctor Costas (1), Pablo Rodríguez (1), Xosé Paz (1), Manuel Pérez, Xerom Magda, Javier Freire (3), Rubén Augusto (11), José Manuel Mera, Iván Taboas (2), Gael Blanco (1), Carlos Menduiña.