O Grupo Lemaco Xiria leva o derbi ante o Oar Coruña

Partido igualado, que os de Carballo conseguiron romper ao seu favor nos últimos 5 minutos; facéndose así coa vitoria ante un incomodo Oar Coruña.

Tras uns primeiros instantes con dúbidas en ambos conxuntos, os do Xiria axustaron ben a defensa e conseguían rápidos contraataques que non se vería reflectido no marcador polas numerosas perdas e fallos no lanzamento.

Así, o que tería que ser un marcador vantaxoso, grazas ao traballo defensivo, complicóuselle ata mesmo ir ao descanso perdendo por un gol.

Na segunda metade, os do Grupo Lemaco non conseguían o nivel defensivo da primeira parte; e acumularon demasiados erros. Pero soubo sufrir o mozo conxunto carballés e con oficio, aproveitando as transicións denfesa-ataque e o xogo rápido de contra-gol, imprimirían un ritmo ao partido que os do Oar non conseguiron seguir.

Vitoria para os do Xiria, que seguen terceiros a tan só dous partidos para o final da fase regular na división de honra. Liga que tocará ao seu fin o vindeiro domingo en Carballo contra Bueu; pero antes; o martes 19 de marzo, teremos un disputado partido contra o Cisne en Pontevedra.

Incidencias: Partido disputado no pavillón San Francisco Javier, en A Coruña, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Patric Espada e Rubén Iglesias do colexio galego.

OAR CORUÑA 33 ( 15 + 18 ): Antón Moguín (12), Diego Piñera (10), Mateo Martín (6), Álvaro Deus (1), Juan Pereira, Fernando Carreira, Pablo De Prado, Ramón López, Marcos López, Rene Hugo Seijas, Miguel Conde (2)

GRUPO LEMACO XIRIA 35 ( 14 + 21 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Daniel Mallo (5), Álex Puñal (1), Áaron Rodríguez (5), Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris, Carlos Varela (4), Fernando Mallo (4), Juan Martín Fajardo, Diego Antelo (3), Martín Fuentes, Mario Cancela (10), Javier Rodríguez, Esteban Puñal (3).