O Grupo Lemaco Xiria logra a vitoria en Carballal

Os do Xiria ao comezo do partido conseguían unha vantaxe de 3 goles, grazas ao contraataque. Defensivamente os descoidos nos 6 metros arranxábaos Mateo Pallas na portería, que ao cabo realizou un gran partido.

Axustaba o Carballal mediante un tempo morto, e lograba recuperar a desvantaxe. O empate provisional resolvíao un Grupo Lemaco que mantivo o ritmo de xogo e íase ao descanso 12 a 14.

O paso por vestiarios, serviu para que os de Xiria, saísen concentrados e dispostos a subir o ritmo, a través da súa defensa 6:0. Bo labor que daba coas maiores diferenzas de ata 6 goles. Algunha exclusión que os locais aproveitaban para reducir distancias, pero co 6×6 e as rotacións o Grupo Lemaco Xiria, rompían o partido a falta de 5 minutos e logrando unha vitoria que se lle resistía nas últimas semanas.

Footplus A.D. Carballal 22 – Grupo Lemaco Xiria 28

Footplus A.D. Carballal (12+10): Guillermo Álvarez, Pablo Vilaboa (4), Raúl Garrido (1), Pedro Pérez (3), Eduardo Alonso (2), Alexandre Gallego (3), Alberto Terleiro (2), Iago Rivas (1), Juan Rodríguez (3), Daniel Losada, Andrés González (3), Marcos López, Hugo Alonso.

Grupo Lemaco Xiria (14+14):Mateo Pallas [p], Miguel Goimil, Esteban Puñal (6), Pedro Porteiro, Alberto Rodríguez, Julián García (8), Ángel Viña, Andrés García, Samuel Veiga, Juanma Fajardo (7), Samuel Regueira, Nicolás García, Martín Fuentes (4).

Colexiados: Silvia Vázquez e Andrea Martínez do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimoctava xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón O Loureiro, en Vigo.