O Grupo Lemaco Xiria logra un valioso empate no último suspiro

Primeiro partido da fase final de división de honra cadete, onde o Grupo Lemaco enfrontábase ao SD Teucro.

Cun inicio de partido prometedor, o Grupo Lemaco foi dominador cun parcial nos primeiros 10 minutos de 7 a 2, traballando desde a defensa e saíndo rápido ao contraataque. Pero relaxouse en demasía, aínda sabedores do que había en xogo, e o Teucro aos poucos recortaba diferenzas e o peor, é que se facía co tempo do partido. Tentaba o Xiria darlle ritmo ao partido a través dos cambios, pero os de Pontevedra asentáronse de cheo no encontro e ao descanso chegábase con 15 a 15.

Na continuación, os dous equipos empezaban parellos en situacións de xogo; pero o Xiria máis desacertado cara portería pesaríanlle demasiado os fallos e deixarían que o Teucro collese unha perigosa vantaxe (25 a 20). Un tempo morto solicitado por Adrián Dubra, serviría para refrescarse e cambiarlle a cara ao choque. Á volta puidose ver un equipo máis compacto e correúdo, onde Pedro Pena achegaba coas súas paradas, algúns descoidos defensivos. Final emocionante, o que nos esperaba no pavillón do Loureiro, e onde o Xiria tivo que lidar cunha exclusión da que saíu airoso grazas ao xogo combinativo e de continuidade atopando gol en inferioridade. Con empate no marcador, o Teucro conseguiu gol a falta de 20 segundos, pero os de Carballo nunha boa acción final, empatarían a falta dun segundo cun gol de Diego Antelo.

Mañá ás 11:30 poderemos ver de novo, ao Grupo Lemaco disputar a segunda xornada desta emocionante fin de semana. O seu rival será o Luceiros que vén de perder contra o Carballal.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro, Vigo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Julio Villanueva e Oscar Fernández do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 32 ( 15 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Álex Puñal, Fernando Mallo (5), Julián García (1), Martín Fuentes (2), Javier Rodríguez, Esteban Puñal (5), Juan Martín Fajardo, Pablo Esmoris, Antonio Calvelo (3), Carlos Varela (1), Mario Cancela (8), Aaron Rodríguez (2), Diego Antelo (2), Daniel Mallo (3).

S.D TEUCRO HOTEL RÍAS BAIXAS 32 ( 15 + 17 ): Adrián Torres [p], Lois García [p], Marlon Barco, Martín González (1), Enrique Fernández, David Chan (8), Vicente Enrique Domínguez, Juan Castro (5), Oscar Páredes, Sergio Blond (8), Esteban Carballido (3), Diego Leal, Álvaro Castro (2), Sergio Cortizo (4).