O Grupo Lemaco Xiria móstrase superior ao Balonmán Pabellón Ourense

Partido correspondente á vixésimo xornada da división de honra cadete masculina. O partido disputábase no pavillón Ceip Fogar en Carballo e o Grupo Lemaco Xiria puxo a directa desde os primeiros instantes para abrir brecha no marcador a través da súa defensa 5:1.

A defensa e o contraataque foron a clave do partido xa que os de Carballo atopaban continuamente superioridade númerica grazas ás transicións rápidas. Todos os xogadores achegaron en todas as fases do xogo para levar a vitoria.

Xa só réstannos 3 partidos para acabar esta primeira fase da división de honra e esclarecer en que posto clasifícase o Grupo Lemaco que agora mesmo marcha terceiro.

A semana que vén os de Grupo Lemaco viaxan ata Coruña para enfrontarse ao Oar no derbi provincial.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar, en Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Iván Hernández e Renzo Díaz do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 46 ( 23 + 23 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Daniel Mallo (4), Álex Puñal (5), Áaron Rodríguez (8), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris, Carlos Varela (3), Fernando Mallo (9), Julián García (2), Juan Martín Fajardo, Diego Antelo (3), Martín Fuentes (2), Miguel Goimil, Javier Rodríguez, Esteban Puñal (5).

NOVA XESTION PABELLON 23 ( 12 + 11 ): Adrián Álvarez, Alejandro Cabada, Darío Mares (2), David Fraguas (1), Hugo Vázquez, Iago Loureiro, Ismael González (1), Luis Melchor (2), Mario López (4), Mariu Mihai, Martín Carballo (1), Raúl Carcacia (2), Roberto Freire, Salvador De Cristofaro (10), Santiago Castro, Sergio Aldemir.