O Grupo Lemaco Xiria vence no derbi ao Oar Coruña

 

O partido comezou igualado, ata que no minuto 10 da primeira parte, unha defensa 5:1 máis consolidada e solidaria, daba ao traste cos ataques oaristas e permitía ao Xiria distanciarse ao contraataque. No ataque posicional, os de Carballo atopaban espazos na defensa 6:0 que expuñan os visitantes. Ao descanso o partido estaba sentenciado por 25 a 11.

A segunda parte a tónica foi a relaxación, polo que o resultado foise ata o 47 a 33. Mesma diferenza que ao descanso.

Unicamente, resta unha xornada para acabar a primeira volta, disputarase dentro de dúas semanas. O Grupo Lemaco Xiria, visita Bueu, co obxectivo de cultivar os dous puntos e marcharse á nadal cos deberes feitos.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia de Carballo ante uns 150 seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: Gabriel Folgoso e Pablo Barreiro do colexio galego. Sen complicacións.

GRUPO LEMACO XIRIA 47 ( 25 + 22 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal (5), Martín Fuentes (2), Daniel Mallo (7), Álex Puñal (6), Áaron Rodríguez (3), Antonio Calvelo (9), Pablo Esmoris (4), Javier Rodríguez (1), Mario Cancela (6), Fernando Mallo (3), Julián García, Diego Antelo (2), Miguel Goimil, Juan Martín Fajardo.

OAR CORUÑA 33 ( 11 + 22 ): Miguel Conde [p], Rene Seijas [p], Antón Mogin (13), Juan Pereira (9), Diego Piñera (3), A. Palacios (1), Mateo Martín (3), F. Carreira (1), Pablo De Padro (1), Ramón López, Marcos López (2).