O Grupo Lemaco Xiria vence no derbi provincial ao Bm Culleredo

O derbi provincial entre o Grupo Lemaco Xiria e o Balonman Culleredo deixou unha vitoria para os de Carballo que lles afianza na terceira praza, para tentar ir a máis no úlitmo tramo da liga. Por contra o Culleredo xogaralla co Luceros para meterse entre os 5 primeiros e meterse na fase final.

O Grupo Lemaco Xiria tardou dúas defensas en axustarse e meterse no encontro, e mostrouse superior ao seu rival; adquirindo aos poucos máis diferenza no marcador. Ao descanso 16 a 7.

Na segunda parte, chegamos a ver unha diferenza de ata os 10 goles; que os de Culleredo reduciron a través dunha defensa 3:3 moi presionante e non lle perderon a cara ao partido. Boa vitoria para os de Carballo, despois dun bo encontro. A semana que vén viaxan ata o Grove para enfrontarse ao Bm Rasoeiro; tratando de seguir na mesma liña de xogo mostrada esta fin de semana.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia, en Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Andrés Hermida e Andrés Tejo do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 26 ( 16 + 10 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Daniel Mallo (4), Álex Puñal (2), Áaron Rodríguez, Mario Cancela (7), Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris, Carlos Varela (2), Fernando Mallo (1), Julián García (3), Diego Antelo (1), Martín Fuentes (3), Miguel Goimil, Javier Rodríguez (2).

BALONMAN CULLEREDO 20 ( 7 + 13 ): Jorge López, Pablo Gómez (1), Daniel Del Río (2), Asier Blanco (1), Brais Pérez (1), Marco García (4), Guillermo Seijo (3), Francisco García, Adrián Díaz (4), Martín Insúa (3), Mateo Díaz (1), Gabriel Vidal, Manuel Gómez.