O equipo xuvenil feminino do Grupo Lemaco Xiria abriu a Liga Ouro con unha derrota ante o Balonmán Chapela, nun encontro onde a pesar de non decantarse ata os derradeiros quince minutos, o equipo vigués dominou o marcador en todo momento.
Comezaron as primeiras vantaxes cun Bm. Chapela máis atinado de cara a portería e un equipo local que a pesar de manter o tono defensivo no primeiro cuarto do encontro, os erros técnicos non lles deixaba acercarse no electrónico. Na segunda metade, o cambio defensivo a 5-1, fixo que as carballesas se mostrasen algo máis cómodas, plantexando máis dúbidas o ataque visitante e onde foron quen de provocar perdas de bola que aproveitaron as verdes na contra.
As xuvenís achegáronse no marcador, ata os catro goles, 16-20, pero de novo os erros no pase e lanzamento fixeron máis doados os últimos minutos de encontró para as de Chapela(18-30)
A vindeira semana o Grupo Lemaco viaxará ata Cangas para dirimir o encontró da segunda xornada cun dos favoritos á liga

