O equipo xuvenil feminino pelexou durante estos meses para poder disfrutar desta victoria cosechada ante o filial do At. Guardés na mañá do domingo, diante dun Vila de Noia que puido ver o bo facer das verdes, que a partir dunha boa defensa lograron ir mandando no electrónico aínda que con diferenzas curtas. O gran acerto no lanzamento exterior fixo que as pontevedresas tiveran que subir un pouco a defensa, e con eses espacios, as verdes lograron tamén sacar rédito no un contra un. Moi completo o encontro, minimizando as perdas que habitualmente lastran moito o traballo do equipo, e que lles permitiu abrir algo de distancia nos derradeiros dez minutos para levar de mellor maneira o final do encontro.
Despois de esta victoria e do empate cosechado na xornada anterior en Porriño, as carballesas ven recompensado todo o traballo que están a facer esta tempada e collen impulso para continuar medrando nesa liña


