O Hierros Varela Urbieta completa un dos mellores partidos da tempada

O Hierros Varela Urbieta, segue demostrando a súa evolución no xogo nesta segunda volta e, especialmente, no tramo final da liga 2019-20. O partido disputado en Porriño o pasado sábado, volve ser unha nova confirmación de tal feito, con máis mérito se cabe ante as baixas de Alba, Anna María e Nerea Pose por lesión. A diminución de efectivos non está a impedir que o conxunto de Carballo siga progresando semana a semana e demostrando esta melloría en cada un dos seus encontros.

O partido disputado o pasado sábado no municipal do Porriño deparounos unha primeira parte vibrante, con alternativas no marcador e diferenzas mínimas para un e outro equipo. A igualdade foi a tónica predominante nun duelo de poder a poder cun bo balonmán por parte de ambos os conxuntos, un espectáculo vistoso repleto de dinamismo, intensidade e velocidade nas accións. O encontro chegaba ao descanso cun 16-15 favorable ás locais e todo por decidir na continuación.

Foi na reanudación cando o Hierros Varela Urbieta sufríu uns minutos de desconexión total, onde as perdas de balón e os erros non forzados pasaron unha factura que ao cabo sería definitiva.  O 9-1 encaixado polas de Carballo, na volta á pista, deixaría o camiño achandado ás do Porriño, pero as de Xiria aínda tiñan moito que dicir.

A reacción das bergantiñás foi esplendida nos últimos quince minutos e lonxe de darse por vencidas, conseguiron recuperase e volver dar a súa mellor versión para terminar o encontro no punto máis álxido. As xogadoras de Xiria conseguirían, a través da defensa, a velocidade e a verticalidad no ataque, recortar unha diferenza que chegara a ser de dez goles, ata a metade, distancia que se mantería entre os dous equipos ata o asubío final con ese 33-28.

Porriño: 33 (16+17). Sara (1), Nayara, Uxía, Paula (2), Aroa, Antía (2), Julia (2), Inés (6), Ángela (2), Lucía (7), Yara (2), Noa, Elena (4), Lucía (5).

Hierros Varela Urbieta: 50 (22+28). Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), María Patiño (1), Nerea Varela (9), Stefanía Landri, Lucía España (2), Natalia Cancela (1), Lara Otero (10), Uxía Suárez, Coral Ruibal (2), Marta Gómez (2), Valeria Figueroa, Nina Pereira (1), Leticia Santos.

Colexiado: David Fdez. Moi bo arbitraxe e excelente talante.

Incidencias: Encontro correspondente a 20ª xornada na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón municipal de Porriño o pasado sábado. Cerca dun centenar de persoas que puideron ver o bo partido das rapazas do Hierros Varela Urbieta.